A violencia de xénero supón unha pandemia mundial. É a principal causa de morte entre as mulleres de entre 15 e 44 anos en todo o mundo, por diante da suma das mortes provocadas polo cancro, a malaria, os accidentes de tráfico e as guerras, segundo datos da Organización Mundial da Saúde ofrecidos polo Fondo de Desenvolvemento de Nacións Unidas para a Muller (UNIFEM).
A conmemoración hoxe do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller recórdanos, sinala a UNESCO, as proporcións epidémicas que está a cobrar este problema de "nefastas consecuencias para a saúde e o benestar persoais das mulleres, así como para o desenvolvemento social e económico en xeral".
Segundo os datos da ONU, unha de cada tres mulleres no mundo foi obxecto de violencias físicas, viuse forzada a manter relacións sexuais ou foi vítima doutros malos tratos na súa vida. Cada quince segundos unha muller é agredida, segundo o Fondo de Desenvolvemento de Nacións Unidas para a Muller.
span>
No hay comentarios:
Publicar un comentario