Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Camiñan descalzas polas rochas

24/11/10

Camiñan descalzas polas rochas


Camiñan descalzas polas rochas é  unha recopilación de relatos, poemas e debuxos de 21 escritoras e ilustradoras galegas, editado por Amnistía Internacional e a editorial Tris Tram.

A violencia sexual, o maltrato de xénero, os abusos sexuais nos conflitos armados ou a violación como arma de guerra, son algunhas das temáticas que abordan os relatos, de Camiñan descalzas polas rochas, volume co que Amnistía Internacional quere resaltar a universalidade dos abusos dos dereitos humanos das mulleres, cuxa raíz é a discriminación, pero á vez, quere destacar tamén o papel activo destas como axentes de cambio e defensoras de dereitos.

O poema de Ana Romaní Camiñan descalzas polas rochas 
-incluído no poemario Das últimas mareas (Ed. Espiral Maior)- dálle título ao libro e está acompañado na cuberta por unha ilustración de Noemí López. O libro conta tamén cos versos de Yolanda Castaño, os relatos de Rosa Aneiros, Paula Carballeira, Anxos Sumai, Carmen Blanco, Marilar Aleixandre, María Reimóndez, Helena Villar Janeiro, Ana Expósito e Marica Campo e as ilustracións de Nuria Díaz, Noemí López, Almudena Aparicio, Ánxeles Rodríguez Ferrer, Marina Seoane, María Lires, Car (Carmela González), Ana Pillado, Aurora López e Rebeca López. Todos eles relatos e ilustracións que as autoras crearon para a ocasión. 

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas