Ézaro Edicións publica unha versión ilustrada por Miguelanxo Prado no centenario do nacemento do autor.
Este longo conto escrito polo ferrolán Torrente Ballester no ano 1978 resucita unha lenda milenaria acontecida nas costas de Galicia alá polo ano mil. Un cabaleiro da estirpe dos Mariño paseaba tranquilamente polo cabo Fisterra, cando caeu á auga e estivo a piques de perder a vida a causa do peso da armadura e a espada. Non foi así, grazas á aparición de Sirena, que o rescatou da morte, pois veu a buscalo en forma de mar. Sirena, ao salvalo, quedou profundamente namorada do cabaleiro e levouno ao mar, para que fose o seu amante. O mariñeiro pediu despois a Sirena que lle deixase marchar coa súa familia. Sirena accedeu, pero cunha condición: ela levará un home de cada xeración e saberase quen é dende o seu nacemento, pois terá os ollos azuis. Así, despois do paso do tempo, os descendentes da familia Mariño seguen crendo a lenda de Sirena.
A historia xira en torno a Alfonso, un dos homes da familia cos ollos azuis.
A historia xira en torno a Alfonso, un dos homes da familia cos ollos azuis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario