Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Patrimonio Inmaterial da Humanidade

16/11/10

Patrimonio Inmaterial da Humanidade

O flamenco, os castells, o canto da Sibila de Mallorca, a dieta mediterránea e a cetrería forman parte dende hoxe do Patrimonio Cultural da Humanidade.

O Patrimonio Inmaterial da Humanidade forma parte das declaracións da UNESCO para a salvagarda do patrimonio cultural, neste caso non tanxible, coñecido por oral ou inmaterial. Segundo a Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial, o patrimonio cultural inmaterial (PCI) "é o crisol da nosa diversidade cultural e a súa conservación, unha garantía de creatividade permanente": "Patrimonio cultural inmaterial significa as prácticas, representacións, expresións, coñecementos e habilidades - así como os instrumentos, os obxectos e artefactos, os espazos culturais asociados cos mesmo que as comunidades, os grupos e nalgúns casos os individuos recoñecen como parte do seu legado cultural. Este patrimonio cultural inmaterial, transmitido de xeración a xeración, é constantemente recreado por comunidades e grupos en resposta ao seu ámbito, a súa interacción coa natureza e a súa historia, e proporciónalles un sentido de identidade e continuidade, promovendo deste modo o respecto pola diversidade cultural e a creatividade humana. Para os fins desta Convención, a consideración concederase unicamente ao patrimonio cultural inmaterial en tanto sexa compatible cos vixentes instrumentos humanos de dereito, así como cos requirimentos de mutuo respecto entre comunidades, grupos e individuos, e a un desenvolvemento sostible"

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas