O pasado domingo puden, por fin, facer unha escapada ó cine a ver Retornos, gustoume a historia, a ambientación, a fotografía, os personaxes e, en conxunto case todo.
Retornos é un dos mellores filmes españois producido este ano. Conta a historia de Álvaro que regresa á súa aldea en Galicia dez anos despois de ter que saír por un suceso tráxico. Pouco a pouco, con grandes doses de suspense, iremos coñecendo os motivos da fuga de Álvaro. Retornos móstranos unha sociedade galega rural real e reflexiona sobre a culpa, a migración, o paso do tempo e os vínculos afectivos.
Co-producido por Vaca Films (España), Cine Zed (Coimbra, Portugal) e Patagonik (Arxentina) está rodada en A Coruña, Valencia, Coristanco, Vigo, Oleiros, Noia, Montouto, Caion, Arteixo e Oleiros, lugares os que todos viaxamos en algunha ocasión e que forman unha paisaxe que dá vida á textura narrativa.
No elenco brilla Xavier Estevez (A Coruña, 1967) e Manuela Vella, ambos deben estar entre os nomeados para os próximos Goya. Estevez figurou en películas como Coraxe, Celda 211, O lápis do carpinteiro ou Sé quen eres. A súa presenza en Retornos é crítica, os seus silencios, os seus xestos e as súas accións erguen a película. Pola súa banda, Manuela Vella que Julio Medem descubriu en "Caótica Ana" está espléndida e contida. Xunto con eles varios actores galegos coñecidos como Pico, Luís Zahera, María Bouzas, xunto co veterano Emilio Gutiérrez Caba.
Retornos é unha agradable sorpresa.
1 comentario:
Manuela Vellés. Do mellor do cinema galego desde que este existe.
Publicar un comentario