Blog da Biblioteca do IES de Curtis: UN POUCO MÁIS PRETO DE LUIS SEOANE

23/11/10

UN POUCO MÁIS PRETO DE LUIS SEOANE

Alumnado de 3º ESO
Facendo os seus propios gravados
No ano do centenario desta gran figura da cultura galega que é Luis Seoane, o equipo de biblioteca, en colaboración cos departamentos que queiran participar, está a deseñar unha serie de actividades entorno á vida e obra dun dos artistas máis polifacéticos do século pasado. Para dar comenzo ó noso traballo, subiuse a este blog unha presentación onde se recollen aspectos destacados da súa traxectoria vital e laboral (pódese ver nas éntradas anteriores); nesta semana estase a levar ao alumnado de 3º  e 4º ESO, xunto con 1º de BAC, á exposición Cen por cen Seoane, feita pola Fundación Caixa Galicia. Alí os nosos alumnos non só acceden ao coñecemento da súa vida e obra, senón que teñen a magnífica oportunidade de participar nun taller de gravado.  Moi aproveitable, recoméndamolo.
Seguimos traballando sobre o tema: seguiremos coa fase de creación textual a partir de obras pictóricas, debuxos... Xa vos contaremos.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas