Blog da Biblioteca do IES de Curtis: flzta o ndl e o aninov n glg!

13/12/10

flzta o ndl e o aninov n glg!



Ao chegaren estas datas, os nosos móbiles e as nosas contas nas redes sociais énchense de felicitacións de Nadal e Aninovo..., e normalmente son mensaxes que circulan de aparello en aparello e por internet. Por iso, a Coordinadora Galega de ENDL pon á vosa disposición esta páxina: para que demostredes o voso enxeño e a vosa creatividade.

Enviade as vosas mensaxes, cubride o formulario e votade polas que máis vos gusten. Ademais da satisfacción de ver navegar os teus SMS pola rede, as tres mensaxes máis votadas recibirán un lote de agasallos da CGENDL, por iso é importante que introduzades os voso datos.

Podes consultar o dicionario galego de SMS mais nel faltan moitos termos. Mandade as vosas palabras, as que vós empregades habitualmente nas vosas mensaxes.

Aínda que é unha actividade orientada ao alumnado do ensino non universitario, pode participar quen queira. Iso si, non hai agasallos para todos, mais... que mellor regalo hai que impulsar a nosa lingua!

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas