“ Resistencia é unha maneira diferente de aprender un pouco sobre a historia e a cultura dun pobo tan próximo a nós. Eu escoitara moitas veces falar da revolución dos caraveis, mais nunca crin que puidese ter unha transcendencia tan importante para o pobo portugués”
Beatriz Prieto (2º Bach B)
“ É un libro que ten unha forza especial, un algo que non se sabe explicar pero que deixa ao lector satisfeito e á vez pensativo”
Isabel Cabado ( 2º Bach B)
“ A historia de Dinís e Filipa é o eixe central dunha historia na que se nos narra a historia dun Portugal que loita polos seus dereitos”
“ Unha obra cargada de moitos sentimentos e de historias de amor”
Sonia Santos (2º Bach A)
“ A novela amosa as penurias e fatalidades do Portugal da ditadura, e , en especial a dura represión dos presos políticos. O personaxe de Dinís impactoume pola súa fidelidade ao amor e aos seus ideais”
Cristian García (2º Bach A)
“ Eu recomendaría este libro porque te fai reflexionar sobre a vida e destaca a importancia do sentimento de loita nos malos momentos”
Cristina Vázquez (2º Bach B)
“Resistencia amósanos a vida de xente marcada pola guerra, pola emigración, polo amor…”
Araceli Mato (2º Bach A)
“No libro destácanse os acontecementos máis importantes de Portugal no século XX poñéndoos en relación coas vidas dos personaxes “
José Antonio Costoya (2º Bach B)
No hay comentarios:
Publicar un comentario