... A clase de Davos, malia os agradables modais e a ben axustada roupa dos seus membros, é depredadora. Non cabe esperar que actúen de xeito lóxico, pois non están a pensar en intereses a longo prazo, polo xeral nin sequera os seus, senón en comer agora mesmo. Tamén están moi versados en xestión carceraria e encargan aos vixilantes mellor preparados e máis listos o control dos nosos movementos.
(...) A maioría das persoas non piden máis probas; ven á perfección que o sistema non funciona para elas, nin para as súas familias, os seus amigos ou o seu país. Moitos recoñecen tamén que é prexudicial para a inmensa maioría dos habitantes da terra e para o propio planeta. A estada ideolóxica e política que o sostiña caeuse xunto coa estrutura financeira, o que esmagou a millóns de vidas obrigando o establishment global a adoptar medidas sen precedentes que supuxeron un custo enorme para os cidadáns, sen garantías de que eses plans ideados a toda présa vaian ser suficientes.
Xa é hora de actualizar a frase de Lenin - "os capitalistas venderannos a soga coa que os colgaremos". Hoxe é aínda peor: os capitalistas véndense uns a outros a soga coa que se aforcan e nos arrastran aos demais con eles. Así é como provocaron a catástrofe actual, vendéndose uns a outros sogas ás que poñían nomes extravagantes ou acrónimos que ao final resultaron ser produtos financeiros sumamente perigosos. Os gobernos apresuráronse a evitarlles un final ignominioso antes de que chegasen a expirar. Pero que non se estenda o pánico: quizais metesen a pata no seu primeiro intento de suicidio, pero probarán de novo...
Susan George (Ohio, 1934) nacionalizada francesa dende 1994, é unha das intelectuais de referencia para o movemento antiglobalización e anticapitalista. Doutora en Ciencias Políticas na Ecole des Hautes Etudes en Sciences Sociales da Universidade de París, filósofa e analista política é, ademais, licenciada en Francés polo B.A.Smith College dos EE.UU, en Filosofía pola Sorbonne de París e presidenta do Comité de Planificación do Transnational Institute de Amsterdam, .
No seu último libro Sus crisis, nuestras solucciones (Intermon Oxfam - Icaria Editorial, 2010) proponse explicar como e por que se chegou á crise actual, pero sobre todo propoñer solucións que pasan por contrarrestar o poder da elites do neoliberalismo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario