1Q84, a nova novela do escritor xaponés Haruki Murakami(Kioto, 1949), xa está, editada por Galaxia, nas librarías do país. Será a primeira entrega dunha triloxía que superará as 1.600 páxinas.
1Q84 desenvolve as historias paralelas de Aomame, unha adestradora de ximnasio que vive unha dobre vida relacionada co asasinato, e Tengo, un profesor de matemáticas a quen un editor encarga a reescritura da novela dunha atractiva adolescente para gañar un concurso de novos talentos. A novela de Murakami, como a de Orwell, desenvólvese no ano 1984 e entre outras temáticas aparecen ao longo da trama o poder e forza das seitas no Xapón ou a cuestión dos malos tratos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario