O Copyleft, en contraposición ao Copyright, é un grupo de licenzas que se utilizan e que garanten o dereito de calquera usuario a utilizar, modificar e redistribuír un programa ou os seus derivados, sempre que se manteñan estas mesmas condicións de utilización e difusión. É un concepto clave do denominado Software libre e o seu obxectivo principal é impedir que o material que se acolle a estas licenzas poidan quedar xuridicamente suxeitos a dereitos de autor.
Engloba as seguintes licenzas:
GPL: orientada principalmente a protexer a libre distribución, modificación e uso de software.
Creative commons: sistema flexible de licenzas copyleft para o traballo creativo.
Coloriuris: destinado aos creadores de contidos - literarios, musicais, audiovisuais e fotográficos - que utilizan o world wide web para a súa difusión, publicación e/ou posta a disposición que queiran ceder os dereitos patrimoniais das súas creacións dentro e fóra da rede.
Licenza Aire Incondicional: especialmente realizada para a exposición "Aire Incondicional", levada a cabo no Centro de Arte Shedhalle (Zürich) e aplicada a unha serie de contidos dentro da exposición e a outros realizados durante o tour de presentacións en Suíza.
Licenza Arte Libre: destinada a promover e protexer prácticas artísticas liberadas das regras exclusivistas da economía de mercado.
Ampla información nos seguintes enlaces:
Entrevista con Javier de la Cueva
No hay comentarios:
Publicar un comentario