Pola mañá o grupo puxo en escea unha versión da Medea, de Eurípides. Trátase dunha traxedia, que conta a historia dunha muller, Medea, e a súa descomunal sede de vinganza despois de ser ultraxada e humillada polo seu home Jasón. A acción sitúase en Corinto e está chea de emoción e dunha sucesión de sentimentos moi intensos, que se ven moi ben amparados por un coro, típico da traxedia grega, que lle dá moita intensidade a obra. Medea, ao sentirse tremendamente mal polas accións do seu home, decide tomar cartas no asunto argallando unha vinganza que rematará coa morte de algúns dos personaxes, incluídos os seus propios fillos.
Pola tarde o espírito de Plauto estivo outra vez vivo en Lugo, cuns actores que non paraban de brincar e moverse por toda a escea. Nesta ocasión a comedia representada foi o Miles Gloriosus. Conta a historia de Pirgopolinices, o soldado fanfarrón, e Filocomasia, unha xove namorada de Pleusicles, pero que está co soldado despois de ser levada a Éfeso sin o seu consentimento. Ésta xunto co escravo Palestrión e un vello pintoresco argallarán a maneira de volver a xuntar aos xoves namorados e deixar ao soldado preso nun engano, que ferirá o seu enorme ego cunha serie de mentiras entrelazadas e unha trama destinada a provocar a gargallada do público.
No hay comentarios:
Publicar un comentario