De súpeto, como por arte de maxia, apareceron ante nós os mundos máis variopintos e entretidos que poidades imaxinar... Pola mesa de exposicións da nosa biblio camiñan, incansablemente, da man J. London, Manuel Lourenzo, J. Verne, María Reimondez, Andreu Martïn, A. Fernández Paz, Quino, Goscinny e Uderzo, J. A. Rowling... Son tantos, que case non os podemos recoñecer...E falan e falan sen parar, facéndonos acenos coas mans para que entremos pola fabulosa porta da ficción: pódennos relatar os Contos por palabras, ou levarnos a Narnia ou ó colexio de Harry Potter, tal vez prefiramos viaxar á lúa, ou ás profundidades do mar... que tal se probamos os efectos de contar estrelas? Nunca entrastes no país das marabillas? Pois xa o sabedes, nunca é tarde para explorar novos mundos, sobre todo cando o billete para viaxar está tan preto das nosas mans.
Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario