O pasado luns, primeiro día da Semana Cultural do noso instituto, estivo con nós o ilustrador Xosé Tomás. A súa charla tratou sobre a historieta gráfica. Explicounos as partes que formaban a banda deseñada: bocadillos, viñetas, diferentes tipos de planos... Tamén nos dixo que as historietas non teñen por que ter linguaxe escrita: a iso chamoulle “silencios”. Quedounos ben claro, cos expemplos que nos mostrou, que para ler este tipo de textos non fan falta palabras, abonda cun pouco de imaxinación e lóxica. Rematou facendonos ver a relación que hai entre a historieta e o cine, entre a maneira de construir unha viñeta e unha escea das que vemos en calquera peli. A nós gustounos moito a charla, tanto polo que aprendemos nela como pola utilidade que pode ter o que nos contou para pasalo ben coa lectura.
Lorena Caramés e Noelia Fontecoba. 2ºB ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario