Blog da Biblioteca do IES de Curtis: FALAMOS DE EDUCACIÓN

16/6/11

FALAMOS DE EDUCACIÓN

Viviu hai moitos anos unha raíña poderosa e sabia obsesionada con manterse no poder. Afastada do pobo por grandes murallas e profundos fosos, cada día daba ordes aos seus leais para que as condicións de vida de campesiños e traballadores fosen aceptables. Desde o seu palacio, entre luxosos tesouros, clamaba para que ningún dos seus súbditos pasase excesiva fame ou demasiado frío. Insistía aos seus homes de confianza para que as súas xentes non padecesen miserias nin sufrisen enfermidades relacionadas coa pobreza. Organizáballes grandes festas, invitábaos a viño e bailes. "Que sexan felices, que se divirtan", dicía. Á raíña non lle importaba que a súa xente tivese de todo... agás educación. A ordes eran tallantes: nada de escolas, nada de mestres, nada de libros. "Se lles damos iso, saberán tanto coma min. E entón daríanse conta de que non me necesitan", sentenciou.

"Non existe ningún outro investimento que produza maiores e mellores retornos sociais e económicos que a educación. É a clave do benestar, do desenvolvemento e do progreso dun país posto que mellora a saúde e o medio ambiente, reduce a pobreza e a desigualdade, aumenta o emprendemento, a produtividade e a competitividade e estimula a liberdade e a democracia". (Guillermo de la Dehesa, economista)
España inviste en educación menos diñeiro en relación co PIB (4,3%) que o que se inviste como media na UE (5,05%) e na OCDE (5,3%). A taxa de abandono escolar (31,2%) duplica á media da UE (14,4%). Ningunha das universidades españolas aparece no ranking das 100 mellores universidades do mundo.

 (Extractos recollidos do libro Reacciona, de varios autores, entre outros, Javier Pérez de Albéniz)

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas