Cambios de destino
Unha muller, Flor, é destinada en interinidade a algunha aldea da Galicia rural. Alí descubrirá modos de vida e de pensamento que cría esquecidos e terá que adaptarse á maneira de ver o mundo da nova veciñanza e do alumnado. Pero, sobre todo, descubrirá o que son a verdadeira soidade e o medo certo. Todas estas circunstancias farán que teña que indagar no seu interior, evolucionar e madurar emocionalmente na procura dunha liberdade que aínda non coñecera.
A obra é un monólogo dramático que nos da noticia da historia dunha profesora nunha aldea rural de Galicia. Fálanos da sua adaptación á soidade, á incomunicación e ao modo de estar no mundo de seus veciños e do propio alumnado.
A historia fálanos da conquista da liberdade por un camiño difícil, árido, unha toxeira por desbravar.
É a historia de Flor pero é tamen a de todos os que temos que emprender novos camiños , deixando detrás o medo.
Neste monólogo atopamos o contraste entre o mundo rural e o urbano. Ese contraste é un elemento clarificador que permite por comparación ver os valores polos que nos rexemos e as esclavitudes que nos atenazan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario