A TVG vén de presentar onte no teatro Rosalía de Castro de A Coruña a longametraxe Emilia Pardo Bazán: a condesa rebelde. O feito non resulta en absoluto intrascendente, se temos en conta que é a primeira vez que a vida desta escritora se traslado ao audiovisual.
A directora, Zaza Ceballos, presenta un traballo que rezuma calidade e rigor a partes iguais, á hora de retratar a loita desta muller que se adiantou, con gran valentía, ó seu tempo: un exemplo de proxecto persoal levado adiante ata ó inimaxinable que debería facernos reflexionar sobre o valor do esforzo e a determinación persoal.
Feita para a Televisión de Galicia, emitirase tamén noutras canles autonómicas. Altamente recomendable.
Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario