Blog da Biblioteca do IES de Curtis: 'Pa Negre', en catalán, ós Oscar en representación de España

28/9/11

'Pa Negre', en catalán, ós Oscar en representación de España



A película 'Pa negre' de Agustí Villaronga foi seleccionada pola Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas para representar a España na 84ª edición dos  Oscar de Hollywood no apartado de mellor película de lingua non inglesa. A cinta do director mallorquín tamén nos representará  nos Premios Ariel da Academia de Cine Mexicana.
Os intérpretes Verónica Echegui e José Coronado foron os encargados de dar a coñecer na sede da Academia a produción seleccionada polo xurado.
'Pa Negre' desenvólvese nos anos da posguerra rural en Cataluña. Andreu, un neno que pertence ó bando dos perdedores, atopa no bosque os cadáveres dun home e o seu fillo. As autoridades queren facer responsable a seu pai destas mortes, pero el, para axudarlle, intenta averigüar quen son os auténticos responsables. Neste percorrido Andreu desenvolve unha conciencia moral fronte a un mundo de adultos que está alimentado polas mentiras e, para sobrevivir, traizoa as súas propias raíces para acabar descubrindo o monstruo que habita nel.


              Xornal.com     28/09/2011 - 14:34 h.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas