O equipo de biblioteca vén de rematar as sesións de formación de usuarios para o alumnado novo do centro. Como sempre, faise uso dun recurso creado polo propio equipo para explicar como funciona este espazo: nel os rapaces ven que material poden vir buscar, onde o poden atopar, como buscalo... Despois dese breve recorrido, da man da CDU, todo hai que dicilo, pasouse á parte práctica: en pantalla teñen que facer corresponder lombiños con áreas de saber, autores e obras completas, crear eles mesmos sinaturas... Organizouse, a continuación, unha busca nos andeis: por equipos deben localizar os libros, revistas, DVD que se lles piden nunha lista. Certo é que se foron desenvolvendo cunha habilidade máis que aceptable.
Para rematar presentáronselles os blogs da Biblioteca Sarmiento e deuselles un tríptico con información útil para manexarse con soltura neste lugar do centro.
Esperamos que sigan vindo por aquí para practicar. Agardámolos con ilusión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario