Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Biblioteca do IES de Brión

4/10/11

Biblioteca do IES de Brión

Son as 5 da tarde e atópome nesta nova Biblioteca o cal me trae o recordo da nosa Biblioteca Sarmiento. Ademais descubro que Pablo Naveira acórdase tamén do noso centro, de min e Reme, a nostalxia é inevitable. Aínda que pouco a pouco vou atopando o meu sitio neste novo destino, supúsome algunas dias de nerviosismo e mal durmir.
Este ano teño pensado ler co alumnado de 2º de ESO o delicioso e sorprendente libro de Mark Haddon El curioso incidente del perro a medianoche. Ata o de agora nunca impartira clases na ESO, todo un novo reto que para min suporá un desafío.
Son as 5 da tarde e agora terei que subir a dar clase de 2º de Bacharelato e falar de Platón con este calor. Pasei do frío absoluto o extremo contrario. Nesta clase leva dando o Sol todo o día e algún día vou medir a temperatura por curiosidade.
Apertas a tod@s dende Brión.

1 comentario:

Curtisbiblio dijo...

A nostalxia é compartida. Sabes que aquí tes o teu espazo, nesta biblioteca, neste blog.

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas