Blog da Biblioteca do IES de Curtis: HAY ALTERNATIVAS - Vicenç Navarro, Juan Torres e Alberto Garzón

26/10/11

HAY ALTERNATIVAS - Vicenç Navarro, Juan Torres e Alberto Garzón

HAY ALTERNATIVAS
Propuestas para crear empleo y bienestar social en España


Un libro fronte á ortodoxia económica dominante.

Segundo os seus autores, o próposito do libro é desmontar a falsidade, difundida ata a saciedade por responsables políticos, por medios de comunicación e por pretendidos economistas de prestixio, de que non hai alternativas á crise financeira e económica actual, salvo as medidas neoliberais de recortes sociais de gasto público.

Pretenden estes autores demostrar que si hai alternativas máis eficaces para saír da crise e xerar emprego e benestar social. Medidas "máis xustas e humanamente satisfactorias".

Analizan, en linguaxe próxima para non expertos, a causa pola que o sistema financeiro internacional, debido ao comportamento irresponsable dos bancos, vén abaixo e como a partir dese momento diminuíu a actividade económica por falta de crédito, caeu a recadación de ingresos, os déficits disparáronse e a débeda subiu de forma acelerada.

O libro analiza causas e especialmente dá alternativas. Intenta desmontar "o pensamento único".

Podes descargalo íntegro aquí (por cortesía dos autores).

1 comentario:

sap hana training in hyderabad dijo...

thanks for sharing this article to us , it is very nice article ,
i really like like this article because i got good info about this article thanks for sharing this article to us best regards.
sap netweaver online training

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas