Un ano máis, deixámosvos aquí as nosas recomendacións lectoras para o Nadal, que nos agarda xa á volta da esquina... Lembrade que un libro pode ser un magnífico agasallo!
Un ano máis, deixámosvos aquí as nosas recomendacións lectoras para o Nadal, que nos agarda xa á volta da esquina... Lembrade que un libro pode ser un magnífico agasallo!
Desde o equipo de biblioteca poñemos á vosa disposición unha serie de materiais para traballar nas aulas a prol dunha sociedade máis xusta:
Neste mes ambientamos o espazo da biblioteca para que os que o visiten lembren que a ciencia ocupa un lugar ben importante no noso IES e na vida da xente...
Libros, películas, novelas gráficas, carteis con biografías de científicos de diferentes épocas e nacionalidades... Todo iso vos agarda aquí! Non tardedes!
Estes días o misterio, a escuridade, os seres que habitan no Alén veñen, silandeiros, ocupar un espazo no IES de Curtis: é tempo de Samaín e na biblioteca non o esquecemos. A literatura relacionada co lado máis escuro e impenetrable da humanidade sae dos andeis e achégase ás vosas mans para que a collades e lle adiquedes o voso tempo.
E como nunca deixamos de ensinar e de aprender, mañá arrinca un novo concurso sobre as dúas temáticas mendionadas enriba e que enlazan coas conmemoracións deste mes que vai xa consumíndose (Día das Escritoras e Día das Bibliotecas). Aquí deixamos, como recordatorio, as bases e transmitimos os nosos mellores desexos aos catorce equipos que van participar.
Sorte a todos... E que gañe o mellor!
Benvidos un curso máis!