Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Receita do amor

24/11/11

Receita do amor


Ingredientes:

• Cuarto e metade de respecto
• Medio quilo de confianza
• Un litro longo de comunicación
• Culleradas sopeiras de atracción
• Unha nube de imaxinación
• Un chorro constante de paixón, afecto e comprensión.

Elaboración:

• Mestúranse todos os ingredientes, deixando reservadas a imaxinación e a paixón. Remóvese ata que quede unha masa fluída pero con textura.

• Engádese a imaxinación para aireala un pouco e métese no forno aos 200ºC dos primeiros momentos. A masa empezará a subir, revísase cada dez minutos para ver se todo marcha ben e cando xa está ao gusto sácase do forno.

• Déixase repousar a temperatura ambiente e salfírese coa paixón.

Está delicioso!

E cando se acaba ou os ingredientes non foron os adecuados o mellor que se pode facer é aceptar que non saíu a receita.

Sabes? Hai quen opina que é necesario engadirlle algunha cullerada de celos, pero asegúroche que amarga apenas o metes na boca.

Hai veces que incluso nos empeñamos en comer, pese a que sabemos que a confianza estaba caducada, ou que a comunicación era en gran e  necesitabámola en po, ou que no tarro da paixón non quedaba nin unha pinga. Nestes casos o prato pódenos sentar mal e facer dano ao estómago. Non hai que seguir comendo dun prato que non senta ben.

Fonte: extraído do conto "Amor" da Campaña de Prevención de Violencia de Xénero da Federación de Mujeres Jóvenes.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas