Blog da Biblioteca do IES de Curtis: LIBROS QUE LEMOS... E QUE VOS RECOMENDAMOS. PARTE 2

20/12/11

LIBROS QUE LEMOS... E QUE VOS RECOMENDAMOS. PARTE 2

Seguimos, os alumnos de 3º C, coas nosas recomendacións de lectura:


Lin Trece anos de Branca, de Fernández Paz.
Gustoume moito porque a protagonista, que é unha adolescente, conta a súa vida a partir dunhas fotos. E recomendaríao a todos aqueles que busquen nun libro sinceridade e experiencias de xente da nosa idade.

SANDRA






    He leído el libro  El asesinato de la profesora de Lengua de Jordi Sierra i Fabra.

Me gustó mucho porque en él  aparecen protagonistas de nuestras edades: unos alumnos se ven obligados a pasar unas pruebas y resolver unos enigmas para poder aprobar esta asignatura. Lo recomiendo porque está lleno de acción y de intriga.


FÁTIMA





Lin o libro de Agustín Fernández Paz Rapazas: é un conxunto de relatos nos que os personaxes principais son mozas. O que máis me gustou foi Un curso con Ana; sentinme moi identificada coa protagonista porque gustariame actúar coma ela e defender a igualdade de capacidades entre homes e mulleres.
 
ROCÍO
 
 
 
 
 
Tamén lemos: Tristes armas de Marina Mayoral, El asesinato del profesor de matemáticas de Jordi Sierra i Fabra e El niño con el pijama de rayas de John Boyne.
 

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas