Blog da Biblioteca do IES de Curtis: PuntoGal, un paso máis para o galego na rede

7/12/11

PuntoGal, un paso máis para o galego na rede


A Secretaría Xeral de Modernización explicou que ultima, xunto á Asociación PuntoGal, a presentación da candidatura do dominio '.gal' en Internet para o día 13  de xaneiro.
Así o explicou o Executivo autonómico nun comunicado, no que detallou que con este fin os representantes da Asociación mantiveron unha reunión coa titular de Modernización, Mar Pereira, para ultimar a inminente presentación do dominio na rede.
Segundo detallou, o departamento autonómico o obxectivo de PuntoGal é establecer un dominio en Internet para a comunidade cultural e lingística galega, o '.gal', baixo o que poderán rexistrarse aquelas entidades, empresas ou persoas que se expresen en lingua galega e contribúan ao fomento da cultura galega.
En total, son 108 as entidades adheridas ao PuntoGal, incluídos máis de 20 centros de emigrantes noutras comunidades autónomas e noutros países como Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, Arxentina, Estados Unidos, Uruguai ou Brasil.
                                                                   Fonte: GaliciaHoxe.com 6. 12.2011

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas