A Asociación de Escritores/as en Lingua Galega
(AELG) acordou concederlle o seu premio anual de institucións aos servizos de
normalización lingüística (SNL) dos concellos e aos equipos de normalización e
dinamización da lingua (ENDL) dos centros de ensino
Segundo sinalan desde fontes da AELG,
concédenlle este premio aos SNL e mais aos ENDL, "como xusto e merecido
recoñecemento a un sector social e profesional que leva décadas a traballar
arreo polo avance en materia de normalización lingüística, ás veces visíbel e
outras moitas silente". Deste xeito, a asociación que representa os escritores
e as escritoras en galego "apoia o seu labor comprometido para coa lingua
de noso, sempre necesario e agora máis xustificado que nunca neste presente
incerto, e anima para a súa continuidade como garante imprescindíbel dun futuro
que o noso país merece e precisa".
Vía CTNL.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario