Onte, 30 de xaneiro, os alumnos de 3º C fomos a Santiago, xunto con 4º de ESO e 1º de BACH, ver a obra Pelos na lingua, representada polo grupo Talía Teatro.
Sorprendeunos que fora tan entretida: esperabamos unha obra cunha estrutura tradicional (presentación, nó e desenlace); o que atopamos foi unha boa cantidade de cadros sobre situacións diferentes pero co mesmo tema. Chamounos moito a atención os poucos obxectos que se usaron para crear os diferentes espazos da obra: os actores utilizan unha caixa e dúas cadeiras; con iso constrúen unha cama, un mostrador, unha moto, unhas bancadas dun estadio de fútbol, un banco, o soporte dunha estatua...
O vestiario era moi sinxelo: a actriz consegue cambiar de personaxe reemprazando pequenas pezas (os cinturóns, os zapatos, o peiteado...) O mesmo sucede cos dous actores, que poden transformarse: en adolescentes, en mulleres, en médicos, en entrenadores ou en superheroes cambiando só un xersei, poñendo un antifaz, perrucas, etc.
Quizais o máis importante da obra sexa o humor: trátase un tema de actualidade e moi pròximo a nòs (a necesidade e a utilidade de falar galego, dado que é unha lingua cun valor indiscutible) dunha maneira moi agradable.
Pero quizais o máis destacado desta viaxe foi que nos fixo darnos conta de que a literatura non só se le, pódese ver ... e ademais pode ser tremendamente divertida.
1 comentario:
que nos deron o Premio Max a Mejor Autor Teatral en Gallego
http://www.dioivo.eu/creacion/artes-vivas/607-premio-max-para-pelos-na-lingua-de-talia-teatro
Publicar un comentario