O pasado martes, 20 de marzo, contamos no noso centro coa presenza da escritora Marica Campo. Os rapaces e rapazas de 1º ESO recibimos á autora de E Xoel aprendeu a voar con moitas ganas de saber cousas sobre ela e a súa obra. Antes do encontro tivemos a oportunidade de facerlle unha pequena entrevista.
A continuación Marica Campo falounos de temas moi variados, pero o máis destacado foi, sen dúbida, a importancia da lectura. Díxonos que ler era como vivir moitas vidas.
Respondeu ás nosas preguntas sobre o libro e sobre ela, e contounos moitas cousas da súa familia. Pareceunos moi divertida e chamounos moito a atención o comentario que nos fixo de que falaba cos seus antigos alumnos polo Facebok.
Para rematar leunos un poema que se titulaba " Confeso que estou tola", onde falaba de como era ela e como se sentía.
Alumnado de 1º ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario