Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Visita á Mostra do Ensino 2012

10/4/12

Visita á Mostra do Ensino 2012






 O próximo xoves, 12 de abril, o alumnado de 4º ESO, 1º e 2º BACH do IES de Curtis asistirá á
 Mostra do Ensino 2012 , evento promovido pola Consellería de Educación para difundir as posibilidades da educación, da ensinanza e da Formación Profesional en Galicia, para orientar o alumnado e a sociedade en xeral sobre a súas oportunidade de promoción no sistema educativo e de inserción laboral.
Os visitantes poden consultar información sobre a oferta formativa da formación profesional, programas de cualificación profesional inicial e ensinanzas deportivas e artísticas en Galicia. Tamén se informará e orientará de xeito individual sobre itinerarios formativos, liñas de bolsas, axudas, premios e residencias para o alumnado.
Outros obxectivos serán difundir as posibilidades da aprendizaxe permanente, a formación de adultos e a formación ao longo da vida (formación-emprego-formación); informar sobre o espazo europeo de educación superior, programas europeos e mobilidades formativas no estranxeiro (Erasmus, Leonardo, …) ou coñecer as ensinanzas máis demandadas polos sectores produtivos e destacar a importancia da cultura do emprendemento entre o alumnado.
 Máis información en  http://www.mostradoensino.es/

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas