Blog da Biblioteca do IES de Curtis: DE PASEO CON ASTÉRIX POR OLIMPIA

23/5/12

DE PASEO CON ASTÉRIX POR OLIMPIA

O alumnado de 1º ESO vimos, dentro do Proxecto Interdisciplinar,  a película Asterix  nos Xogos Olímpicos durante o mes de abril. Aquí vos deixamos a ficha técnica: 

TÍTULO: Asterix en los Juegos Olímpicos
TÍTULO ORIXINAL: Astérix aux jeux olympiques
DIRECCIÓN: Thomas Langmann, Frédéric Forestier
PAÍS: Francia, Italia, España, Alemania, Bélgica
ANO: 2008
DATA DA ESTREA: 08/02/2008
DURACIÓN: 116 min.
XÉNERO: Comedia, Familiar, Aventuras, Fantástico
REPARTO: Gérard Depardieu, Clovis Cornillac, Benoît Poelvoorde, Alain Delon, Vanessa Hessler, Franck Dubosc, José Garcia, Stéphane Rousseau, Jean-Pierre Cassel, Elie Semoun
GUIÓN: Thomas Langmann, Olivier Dazat, Alexandre Charlot, Franck Magnier
WEB:  www.asterixauxjeuxolympiques.com
PRODUCIÓN:  Constantin Film, TF1 Films Production, Canal+, Canal+ España, La Petite Reine, Pathé Renn Productions, Motion Investment Group, Banque Populaire Images 7, SOROlla Films, TriPictures, Novo RPI, Les Editions Albert Ren.

      O argumento non é orixinal: está baseado no cómic do mesmo título creado por Gosciny e Uderzo. Lunátix, un mozo galo, namórase de Irina, unha princesa grega, da que tamén se namorou Bruto, fillo de Xulio César. Irina promete casar co que gañe os Xogos Olímpicos.
Durante a competición, Bruto fai todo tipo de trampas para vencer ao resto dos participantes, especialmente ó galo Lunátix. A axuda de Astérix, Obélix, o druida Panorámix e o empeño de Irina en que Bruto perda, converten ao mozo galo en campión dos Xogos e no home da princesa. 
      Atopámonos diante dunha película que mestura datos históricos con humor e con personaxes do cómic. Recomendamos este film  porque con el pódense coñecer os Xogos Olímpicos da Antiga Grecia ( cales eran, como se celebraban, as probas, a organización, as trampas...) e porque fai rir continuamente. Na película funciona moi ben a aparición de Shumacher, coas paradas en boxes,  como corredor de cuadrigas, facendo un anacronismo moi cómico.
     A algúns de nós parécennos mellorables os efectos especiais (decorados moi artificiais,  efectos acústicos, músculos de Bruto...); a outros parécenos que se mellorasen moito os efectos especiais perderíase comicidade. Despois de ver Asterix nos Xogos Olímpicos os alumnos de 1º Bac de Grego explicáronnos como eran na realidade estas competicións na Antiga Grecia: soubemos que non só se celebraban xogos en Olimpia, faláronnos de canto duraban, das probas, das instalacións, dos premios que levaban os gañadores, etc. 

Despois  desta tempada pola Antigüidade, chega a hora de marchar a Londres. Haberá que investigar un pouco sobre a xeografía do Reino Unido, lugares interesantes... Animádesvos a acompañarnos nesta viaxe virtual?









1 comentario:

Teresa Meixide Portos dijo...

A Londres? Por suposto. Cando saídes?

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas