Blog da Biblioteca do IES de Curtis: XOGOS OLÍMPICOS: GRECIA 776 a.C - LONDRES 2012

4/5/12

XOGOS OLÍMPICOS: GRECIA 776 a.C - LONDRES 2012

     Como ben sabedes, no vindeiro mes de xullo celebrarase na cidade de Londres unha nova edición dos Xogos Olímpicos. Con tal motivo desde a biblioteca Sarmiento estamos a elaborar con alumnos de ESO e 1º BAC un percorrido pola historia das competicións olímpicas: dentro do Proxecto Interdisciplinar proxectouse a película Astérix nos Xogos Olímpicos, o alumnado de 1º de Bacharelato exporá ante 1º e 3º de ESO a consistencia dos xogos panhelénicos e os deportes específicos daquela época, en 3º de ESO están a investigar sobre os Xogos Paraolímpicos e sobre curiosidades relacionadas con estas celebracións...

    Pouco a pouco esperamos ir elaborando os materiais necesarios para facer un pequeno monográfico sobre o tema... e, por que non?, un concurso para ver quen demostra unha maior pericia no percorrido por este tema tan actual... Ide collendo enerxía, que hai moito que ver... e que ler.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas