Blog da Biblioteca do IES de Curtis: UNHA TARDE CHEA DE POESÍA...

8/4/13

UNHA TARDE CHEA DE POESÍA...

Como xa deixamos constancia hai uns días, o pasado 18 de marzo tivemos a sorte de compartir a tarde co poeta Carlos Negro, autor de Makinaria, obra na que a través de dúas ducias escasas de poemas os lectores adolescentes percorremos a toda velocidade o perigoso camiño da noite do sábado, cheo de emocións... e tamén de perigos que nos poden levar, sen contalo ó GAME OVER, que pecha a obra. Velaquí unha mostra dunha tarde de poesía realmente entretida...

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas