Blog da Biblioteca do IES de Curtis: "Vós tedes unha biblioteca que eu non tiña, fixen 12.000 quilómetros para poder ter libros"

12/12/13

"Vós tedes unha biblioteca que eu non tiña, fixen 12.000 quilómetros para poder ter libros"

D. Xosé rexeitou o estrado porque “quería estar preto de nós e sentirse á nosa altura”.  E dende a proximidade, o mestre foi debullando leccións de vida e leccións de humildade ante un salón de actos ateigado. 
Da súa intervención que, en breve vos ofreceremos, entresacamos algunhas citas literais:
“Escribo porque escribo en galego, porque quero contar algo e quero facelo no meu idioma”. “Teño algo de arxentino, moito de cubano e son profundamente galego”. “Vivín sempre en Galiza, aínda estando fóra”. “Vós tedes unha biblioteca que eu non tiña, fixen 12. 000 quilómetros para poder ter libros”. “O idioma para nós na emigración era un signo de identidade e unha bandeira de loita, un DNI do que todos nos sentiamos orgullosos”. “ Cómpre recuperar a cultura do traballo e do esforzo; os libros e os mestres axudan, pero cada un ten que premer o seu propio botón para impulsarse” .

Parabéns agradecidos aos mantedores do acto:
Daniel Lata Valiño,  Alberto Rivadulla Sánchez e Uxía  Suárez de 2º    bacharelato;  Noelia Fandiño, Noelia Castro, Alejandro Sánchez e Raquel Sesar de 1º bacharelato. 




No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas