Blog da Biblioteca do IES de Curtis: E VÓS, A QUE TEDES MEDO?

29/10/14

E VÓS, A QUE TEDES MEDO?


   
      Achéganse con pasos silandeiros o Samaín, Defuntos, Halloween... E con eles vainos envolvendo unha néboa de intriga, suspense, temor e curiosidade polo Alén. Tes medo? A que? Pensa no fermoso epílogo de Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. Docampo:


                               EU TEÑO MEDO...


Cando petan na porta pola noite.
A estar só cando non quero estar só.
A estar no medio de moita xente.
A quedar só no mundo.
A non morrer nunca. 
A morrer pronto.
A morrer estupidamente nunha estrada.
A quedar inútil.
A tolear.
A que lle pase algo aos meus.
A que os que quero non me queiran.
A perder o gusto polas cousas que me gustan. 
A ter que vivir sempre nunha cidade.
A que non haxa flores.
(...)
A non ter medo a nada.
A ter moito medo.
Cando pasa moito tempo sen que ninguén pete na miña porta.
A...





      Nas aulas respiramos estes días o aire do misterio, que fai agromar en nós a intención de deixarvos aquí textos feitos polo alumnado e relacionados co apaixonante mundo do irracional. Se queredes sentirvos atrapados polo medo, polo misterio e polos coñecementos sobre o Máis Alá, non deixedes de abrir estes días a xanela do noso blog... Seguro que non vos vai deixar impasibles.  

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas