Blog da Biblioteca do IES de Curtis: A ESMORGA

29/11/14

A ESMORGA


A adaptación cinematográfica da obra A Esmorga (Bos Aires, 1959) de Eduardo Blanco Amor dirixida por Ignacio Vilar e protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán Morris conquistou o público galego. 

Máis de 15.000 espectadores viron nos cinemas de toda Galicia A Esmorga  (Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e TVG)  de Ignacio Vilar, recoñecido director de películas como Pradolongo ou Vilamor. Vén de facer unha semana na carteleira e mantense en todas as salas polo éxito do público. Cómpre destacar o carácter extraordinario deste feito tendo en conta que é unha produción independente en versión orixinal en galego. O filme converteuse, o día da súa estrea, na segunda película en recadación media en todo o Estado.

Sen dúbida, unha importantísima nova para a nosa lingua e a nosa cultura. Parabéns!


No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas