O
día 12 de xaneiro tivemos connosco ao escritor Francisco Castro, autor de
Chamádeme Simbad. Ao responder as nosas preguntas realizou unha explicación
moi clara e precisa na que se notaba que foi mestre.
Explicounos
que Chamádeme Simbad ten moitos elementos autobiográficos, xa que
comezou a escribir esta obra cando a súa nai lle diagnosticaron alzheimer. Esta
novela fíxoa coa finalidade de explicarlle a enfermidade ao seu fillo que
naquel momento era pequeno.
Unha
cousa moi interesante que nos dixo foi que o que máis lle custa é escribir as
20 primeiras páxinas. El afirma que ten sorte de poder dedicarse ao que
máis lle gusta que é ler e escribir. Neste momento ten unha obra entre
mans.
Outra
cousa que nos contou foi que nunha entrevista para un xornal lle preguntaron
por que escribía en galego e el respondeu: cando era pequeno levei un golpe
na cabeza e quedei parvo. Logo díxonos que el escribía en galego porque é
natural. Se un francés escribe en francés, un italiano en italiano e un inglés
en inglés por que non ía el sendo galego escribir na súa lingua?
Falounos
moito das profesións de médico e profesor, que segundo pensa non reciben o
recoñecemento social que merecen. Tamén nos explicou que co 10% dos cartos que
se empregan para fichar a Ronaldo poderíanse comprar todos os medicamentos
necesarios para curar a enfermidade da hepatite C.
El
non ten soamente un traballo, senón que é tamén o presidente de GALIX
(Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).Como toda persoa ten afeccións;
a súa é tocar a guitarra e faino nun grupo que formou no instituto. O seu grupo
musical favorito son os Beatles.
A
sesión quedounos moi curta e non puidemos formularlle todas as preguntas que
quixeramos. Moitas grazas, Francisco e ata sempre.
Ángela Prado Penas e Laura Astray Sánchez, 1º ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario