Dende a
Biblioteca Sarmiento facémonos eco dunha marabillosa nova para a nosa cultura:
o escritor Gonzalo Hermo vén de gañar o Premio Nacional de Poesía Nova
«Miguel Hernández» coa obra escrita en galego Celebración (Apiario,
2014).
O
premio, dotado con 20.000 euros, distingue a mellor obra de poesía
publicada en 2014 por un autor español menor de 31 años. O autor celebrou a
mirada cara outras linguas do Estado con este recoñecemento e co
recentemente outorgado a Ledicia Costas (Premio Nacional de Literatura Infantil
e Xuvenil por Escarlatina, a cociñeira defunta). O xurado do premio,
promovido polo ministerio de Educación, Cultura e Deporte, valorou en Hermo a
súa aposta por abrir novos camiños para a expresión poética.
Gonzalo
Hermo (Rianxo, 1987), licenciado en Filoloxía Galega, empregado no Instituto
da Lingua Galega e membro do colectivo de intervención sociocultural Redes
Escarlata, publicou as súas primeiras obras en revistas como Dorna, Andar 21 ou
Nova Ólisbos e, posteriormente, a colección de poemas Escola do resentimento
na Revista das Letras do xornal Galicia Hoxe. Logo editou o libro de poemas Crac
(2011), co que gañou o premio de poesía do certame Xuventude Crea, e Celebración,
que mereceu o Premio da Crítica de Poesía en galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario