Dende o blog da Profa, unha selección dos buscadores de libros máis coñecidos:
Bibliomania – buscador de obras de literatura clásica.
Biblioteca Dixital Mundial - (World Digital Library) Contén manuscritos, mapas,
libros pouco comúns, partituras musicais, gravacións, filmes, gravados,
fotografías e debuxos arquitectónicos de todo o mundo.
Ebook Engine
– enlaza con otros buscadores de ebooks gratis.
Ebooksearchengine.com – buscador de ebooks
en formato PDF e doc.
eLibrary - é un aplicativo para a catalogación, organización e
xestión de coleccións de libros para un uso persoal, ten a opción de tentar
extraer o ISBN a través da busca nas propias páxinas da publicación, do nome do
ficheiro ou mesmo buscando en Amazon e o servizo de Google Books,
característica totalmente automática que se executa con tan só arrastrar e
soltar un ficheiro dentro da xanela de eLibrary.
Google Books –
buscador de libros de balde, de acceso fragmentado e de pagamento.
Open Library
– é un proxecto colaborativo como a Galipedia, que ten como obxectivo ofrecer
toda a información existente de todos os libros do mundo, xa sexan físicos ou
dixitais, estean á venda ou descatalogados.
PDF Geni -
buscador de libros en formato PDF, conta cunha extensión dispoñible para
Firefox.
PDF Search
Engine - buscador de arquivos en formato PDF,
tamén conta cunha barra de ferramentas de procura de Firefox para ebooks.
PDFse -
buscador para atopar ebooks, manuais, cursos, temarios, exercicios, etc. en
formato PDF, con nube de etiquetas, buscador de palabras clave e un glosario
alfabético.
Proxecto
Gutenberg - (Project Gutenberg) é un
esforzo voluntario para dixitalizar, arquivar e distribuír obras culturais a
través da dixitalización de libros. Fundado en 1971, é a mais antiga biblioteca
dixital. A maioría dos seus textos son de dominio público, ben porque nunca
tiveron dereitos de autor ou porque se os tiveron estes xa expiraron.
Search PDF eBooks - Procura documentos e libros en PDF.
* Post realizado partindo de información
facilitada por María Rodríguez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario