Blog da Biblioteca do IES de Curtis: SEGUIMOS LENDO A FERNANDO LALANA...

29/2/16

SEGUIMOS LENDO A FERNANDO LALANA...

   
      Aquí vos deixamos, os fendetestas de 2º de ESO, un par de recensións máis sobre dúas entretidas novelas de F. Lalana, que mañá compartirá con nós o seu tempo e a súa experiencia como escritor. Animádevos a lelo: a intriga e o suspense están garantidos!


El asunto Galindo
O gran empresario Serafín Galindo morre en estrañas circunstancias. Gumersindo, un amigo de Fermín Escartín encárgalle ao detective a investigación do crime no nome da aseguradora para a que traballa.

Este libro gustounos moito porque ten un ritmo trepidante. É unha trama que,  dende o principio desconcerta ao lector, sobre todo pola orde dos capítulos. Ademais a intriga de saber que pasou realmente fai que sigas lendo sen poder parar.  O personaxe de Elisa Lobos, a asasina  a soldo, pareceunos sorprendente e moi interesante.




 Amsterdam Solitaire

Neste libro Fernando Lalana cóntanos a historia de  catro persoas moi ricas que deciden facer unha pluma única.  Cando rematan organizan unha gran festa na que é a pluma é roubada. Fermín Escartín será o encargado de recuperala e de descubrir o enigma que encerra.

O libro conta unha historia ben interesante sobre todo polo xeito  que ten o autor de narrala. Unha das partes que máis nos gustou foi cando a pluma é roubada e todo o misterio que leva consigo a desaparición.


No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas