Blog da Biblioteca do IES de Curtis: PARABÉNS PARA UNS MAGNÍFICOS EXPLORADORES!

17/11/16

PARABÉNS PARA UNS MAGNÍFICOS EXPLORADORES!

       
  
         Temos que deixar constancia, pola satisfacción que nos produce, da boa acollida e do éxito do concurso de busca de libros de misterio! Nada menos que doce equipos afanáronse en atopar, de xeito ben rápido, cada un dos materiais que estaba "agochado" nos andeis da nosa biblioteca.  A actividade desenvolveuse de xeito tan fluído que os dous recreos propostos inicialmente, quedaron unicamente nun: en 20 minutos os participantes atoparon absolutamente todo o que se lles pediu. 

         Cómpre dicirvos, tamén,  que o que atoparon os nosos rapaces no medio das arrepiantes  páxinas dos libros de Poe, de X. Miranda ou de C. López Narváez e dentro das caixas de inquedantes DVD de Hitchcock ou de Amenábar foron saborosos vales para saciar a fame na cafetaría do IES ou para adozar o padal con algunha larpeirada neste mes, no que os espíritos e o misterio anda a voltas pola nosa fantasía. 

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas