Neste mes de xaneiro chegaron á biblioteca novos fondos relacionados coa divulgación científica: o PLAMBE e as suxerencias dos departamentos didácticos relacionados co mundo da ciencia permitíronnos enriquecer as posibilidades de lectura que podemos ofrecer tanto a alumnado coma ó profesorado.
O alumnado, por conta propia ou acompañado por membros do profesorado, pode estes días baixar e mergullarse nestes novos títulos que veñen facer da nosa biblioteca un espazo cada vez máis plural e multidisciplinar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario