Esta historia tan bonita de Javier e Violeta é moi misteriosa. Ao longo da novela coñeces a máis personaxes que van axudando a resolver o gran misterio de Isabel Obregón, unha muller que marchara a noite antes da súa voda xunto cunha reliquia coñecida como "As lágrimas de Shiva", e nunca regresan, nin ela nin a súa reliquia.
Esta novela tamén ten unha parte de comedia e iso é bastante divertido. Nós cremos que é unha boa novela para a xente da nosa idade.
Marta
Díaz, Macarena García, Lucía Villamor e Gabriel Vigo (2º ESO)
Este libro trata dun rapaz chamado Xavier que vai pasar as vacacións de verán en Cantabria, na casa dos seus tíos, xa que o seu pai está enfermo e a súa nai ten medo de que Xavier e o seu irmán poidan contaxiarse. Unha vez instalado na casa dos seus tíos sente unha presenza e Xavier xunto coa súa prima Violeta descobren que é un antepasado da familia pedindo axuda por algo que ocorreu hai moito tempo.
Traballo de Noé Mariño e Nadia Sánchez (2º ESO)
No hay comentarios:
Publicar un comentario