Este libro consta de oito contos. A súa caracteristica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais."Unha chave non é suficiente" é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que "se duplica calquera chave, con ou sen mostra"."O caso do unicornio azul" conta a historia dunha unicornia que acodea unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada."Vanesa e o anuncio da televisión" conta a historia dunha nai empeñadaen que a súa filla sexa unha artista da televisión."Un artista de neón": un fabricante de rótulos luminosos teima en modifica-lo mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desatrosos.¿ Un vampiro pode se-lo empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato "O caso do estraño empregado"?Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. isto é o que se narra en "Ser superheroe non é doado" e "Noites de lúa chea"."O libro das infinitas historias", o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades.
Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario