Blog da Biblioteca do IES de Curtis: OS ALUMNOS DE 2º ESO FORMAN XA PARTE TAMÉN DO PROXECTO " TIEMPO DE LEER "

29/11/08

OS ALUMNOS DE 2º ESO FORMAN XA PARTE TAMÉN DO PROXECTO " TIEMPO DE LEER "











Este venres, 28 de novembro, disfrutamos da lectura do relato de misterio " Rose Rose ", escrito por Barry Pain e recollido no volume " Relatos de fantasmas " ( Vicens- Vives ). O alumnado de 2º ESO escoitou con interese a narración feita por Mariana e Antía, ao tempo que cunha melodía de fondo visualizaba imaxes dunha presentación power point que recreaban o argumento do conto. Como novidade cómpre destacar a notable participación de dous dos nosos alumnos con discapacidade nesta actividade: contribuiron cos seus debuxos a crear a presentación, como pode observarse nunha das imaxes.

Deste xeito, rematado o mes de novembro, queda xa extendido o proxecto a toda a ESO no noso centro. Traballamos con ilusión xa nos textos para o próximo trimestre, que tamén terá o seu
" Tempo de ler " arredor dun novo eixo temático.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas