Estes contos Incertos, de Antón Dobao, apuntan ao horizonte do que non é predicible. Son trece historias nas que o extraordinario, o inesperado, acaba por se converter na marca distintiva dunhas vidas aparentemente normais. Porque nada do aparente é real e a realidade habita outras dimensións. Unha boa mada de relatos está no ronsel de Edgard Poe, do Cortázar de Casa tomada ou de Rafael Dieste ca no de Lovecraft, Borges ou Fole. Trátase da literatura dos límites, da literatura do estraño ou dunha caste de realismo mutado. Xa o primeiro relato, Advertencia, avisa no seu título e no seu contido do que podemos agardar: a omnipresente sensación de estrañeza en estado puro, de que debaixo desta aparente realidade hai outra, de que a orde é só superficie, irrealidade.
Nestes relatos, os personaxes non son apenas monecos nas mans dun fado caprichoso, senón que tecen a súa vontade, cos seus temores, cos seus actos o os seus desexos, as encrucilladas en que se verán atrapadas as súas vidas.
Para o lector, o inesperado accede en toda á súa naturalidade, con toda a crueldade, con absoluta fereza; fai agrumar os recantos menos coñecidos evidenciando o principio de incerteza. Mais sobre todas estas historias aboia inevitablemente aquilo que nos caracteriza como humanos: A necesidade de comunicar, de amar, de negar a presenza imperial da morte. E as múltiples faces do poder

No hay comentarios:
Publicar un comentario