Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Da neve

1/12/08

Da neve


Carambelo, cadorno, lazo m. Capa de xeo que se forma sobre unha superficie líquida cando vai moito frío.
Carazos.m. Ou xeada m. Capa de xeo que se forma sobre o terreo e a vexetación nas madrugadas frías de inverno.
Farrapo, fargallo, cerello m. Cada unha das porcións de auga conxelada que caen cando neva. Os cerellos en seguida cubriron o camiño
Folerpa, falopa, felepa, folepa, faisca m. Cada unha das porcións de auga conxelada que caen cando neva. As folerpas caían a modiño
Pedrazo, salpedrés m. Ou pedra, sarabia , salabreada f. Chuvia conxelada que cae en forma de grans máis ou menos grandes.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas