
“Motown”
a casa das cancións eternas
O lexendario selo discográfico que lanzou as carreiras de Marvin Gaye, Stevie Wonder, Michael Jackson e Diana Ross prepárase para celebrar medio século de vida.
O lexendario selo discográfico que lanzou as carreiras de Marvin Gaye, Stevie Wonder, Michael Jackson e Diana Ross prepárase para celebrar medio século de vida.
1 comentario:
A comezo dos anos 60, grazas ás voces dos mellores cantantes da época e á singular visión do seu fundador, unha pequena casa discográfica da cidade de Detroit permitiuse redefinir para sempre os parámetros da música pop.
A historia remóntase aos primeiros días de 1959, cando un grupo de compositores e músicos reuníronse baixo a batuta de Berry Gordy para elaborar un puñado de discos que combinaran a explosiva intensidade da música gospel coa apracible elocuencia das cancións de consumo masivo.
Agora, medio século despois, a industria discográfica non sería a mesma sen os sons que emerxeron desas inspiradas sesións.
O ano 1959 foi de clara transición para a música popular. Elvis estaba no exército, Chuck Berry no cárcere, Jerry Lee Lewis seguía vetado por casar coa súa curmá e Buddy Holly acababa de morrer nun accidente aéreo ao lado de Ritchie Valens. Sen a presenza destas estrelas, o rock and roll seguía a perder vixencia e deixaba aos adolescentes brancos sen o ingrediente vital que identificara esta música de evidentes raíces negras.
Berry Gordy, un mozo da cidade de Detroit que escribía cancións para Marv Johnson e Jackie Wilson, percatouse desta demanda musical e decidiu crear o producto axeitado para cubrila. O obxectivo era levar aos mozos de ambas razas un novo estilo que mantivera a intensa emotividade negra do gospel e do rhythm and blues e que, ao mesmo tempo, gardara a compostura formal necesaria para entrar nas radios de alcance masivo.
Para lograr que as cancións de Motown figuraran na programación das radios mais populares, Gordy debeu afinar algúns aspectos estilísticos. Inicialmente, para chegar ao gran público houbo que sacar das portadas os retratos dos artistas negros para non ofender ás audiencias brancas. As letras escribíeronse cunha linguaxe menos directa e os sentimentos dos cantantes tratáronse de forma mais alusiva, o que permitiu unha nova sofisticación nos compositores. O acompañamento musical, por outra banda, perdeu a crudeza eléctrica do rock and roll para retomar as vellas estructuras do gospel: unha voz de alta expresividade emotiva, o tradicional patrón de chamada e resposta (o predicador e a congregación foron reemprazados polo cantante e as súas coristas) e unha sinxela sección rítmica formada por palmas, pandeiretas e pianos minimalistas. A intensidade concentraríase na voz; a transparencia, na instrumentación.
A pesar da súa ambición, é difícil imaxinar que Gordy intuíra o enorme éxito que os artistas de Motown lograrían acadar. Ao longo dos años 60, 70 e 80, numerosas bandas e solistas do selo (The Supremes, The Temptations, The Marvelettes, Stevie Wonder, os Four Tops, Marvin Gaye, The Jackson Five, Edwin Starr, Smokey Robinson & The Miracles, Diana Ross, Michael Jackson, Eddie Kendricks, Thelma Houston, The Commodores e Lionel Ritchie) non so lograrían introducirse no gusto musical dos mozos brancos e negros, senón que tamén levarían as súas cancións ao número un das listas de éxitos, o que converteu á Motown na discográfica mais exitosa que un home negro rexentou ao longo da historia da música.
Con máis de 180 números un, os éxitos de motown seguen sintonizándose en películas e anuncios de televisión e seguen a ser a primeira influencia das estrelas do pop e rhythm and blues actuais.
Como ben proban os discos que os seus mellores artistas nos deixaron, a realización do soño americano nunca sonou tan ben coma na inolvidable historia de Motown.
Publicar un comentario