Oíra o cantar dun cego. Mais nunca a unha moza rogar con noticias frescas.
Que? Vas levalos todos? E a el deulle un chouto o corpo enteiro. Non estaba preparado para o trato cunha vendedora de noticias. Era case unha nena, ben que se vía, doce ou trece anos o máis, pero o seu falar era o du unha muller con arrinque. Era un falar que lle defendía o corpo, cunha vestidura moi semellante á das pescantinas que andaban pola contorna. Secadra tamen nalgun intre vendería peixe. Se cadra, se non fora sorprendido tan axiña, Antonio Vidal podería chegar a ver peixes naquel cesto. Un cesto que podería levar amorodos e cereixas, ourizos de mar e sardiñas, segundo a tempada. Mais agora rogaba con noticias. Era un falar cantado que facía da pequena vendedora o centro da cidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario