Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Victoria Ocampo

24/2/09

Victoria Ocampo


A ensaista arxentina naceu en Buenos Aires en 1890. A sua familia, dunha marcada tradición cultural, pertencia á alta sociedade. O fundador da familia Ocampo fora un galego conquistador que chegara a Santo Domingo na época dos Reis Católicos e por parte de nai, descendían dun dos fundadores da cidade de Buenos Aires. Cando era unha nena os seus pais instálanse na Francia. Desa época e da sua educación na Sorbona parten o seu respeito pola cultura europea e a sua vontade de introducila no clima social e cultural arxentino.
O seu primeiro libro, un estudo sobre a Divina Comedia de Dante Alighieri, publicouno aos 33 anos.
Victoria funda e financia cos seus propios fundos a revista Sur, cabeceira desde a que grandes personalidades da época se vinculaban á Arxentina e que deu coñecer a autores como Jorge Luis Borges, Juan Rulfo, Adolfo Bioy Casares ou Ernesto Sábato. Por aquel entón conertiuse na anfitriona de grandes persoeiros do ámbito cultural internacional (Ortega e Gasset, Rabindranath Tagore, André Malraux, Albert Camus... )
En 1953 estivo en prisión pola sua aberta oposicion ao goberno de Juan Domingo Perón. En 1967 convírtese en doutora honoris causa pola Universidade de Harvard. En 1976, baixo a dictadura militar do xeneral Videla, é nomeada membro da Academia Arxentina de Letras, convertíndose na primeira muller en ocupar ese lugar. En novembro de 1977 a xunta militar convoca ao Dialogo das Culturas organizado pola UNESCO, é entón cando Victoria concreta a doazón de "Villa Ocampo" (sede do encontro) ao organismo internacional.
Victoria Ocampo morre en San Isidro o 27 de xaneiro de 1979

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas