Blog da Biblioteca do IES de Curtis: As dúas en punto

1/3/09

As dúas en punto


As Marías.

Coralia e Maruxa, mais coñecidas como as dúas en punto, son algo máis que unha típica estampa compostelana. Detras da súa imaxe escéntrica ocultábase unha vida construída na disidencia a unha cidade reaccionaria e clerical. Ambas, ao igual que os seus irmáns, eran miltantes da CNT e sufriron nas súas carnes a represión anterior e posterior ao 18 de xullo de 1936.
Co golpe militar e fascista ocultaron o seu perseguido irmán e, por mor diso, foron humilladas pola Garda Civil no monte Pedroso en numerosas ocasións. A partir dese momento a súa vida continuou de maneira rutinaria con paseos polo centro de Santiago ás dúas da tarde. As escandalosas cores dos traxes que elas mesmas se facían iluminaban a posguerra franquista dunha cidade triste e derrotada após a represión.
Durante moitos anos non se soubo, ou non se quixo saber, dos acontecementos que marcaran a súa vida: considerábanas tolas, ríanse delas... Mais tamén foron tratadas con agarimo por sectores da cidade que as apoiaban economicamente e que se preocupaban do seu benestar persoal.
Morreron soas, como viviron nos anos oitenta, e ficaron case esquecidas até que o Concello de Compostela decidiu erixir unha estatua delas no paseo central da Alameda.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas